O galego e o portugués son linguas irmás dende hai anos e, aínda que existira o galego-portugués, por distintas razóns de que Portugal se convertera en reino independente e que Galicia quedara supeditada á coroa de Castela, empézanse a separar os dous idiomas.
Penso que o galego é un idioma que, aínda que non é tan falado nin tan coñecido como o portugués, tívose que loitar moito por el, xa que o castelán estivo por riba moitas veces e iso non é xusto. Tamén se ve que o portugués é un dos máis falados por todo o mundo, con millóns e millóns de portugués falantes. Unha cousa boa sería a cercanía que hai entre as duas linguas e que é relativamente fácil e moi posible entender, os galegos aos portugueses e viceversa.
Eu estiven en Lisboa e vin como hai, nas cartas dos restaurantes, moitos idiomas como o castelán e o inglés, pero é un país que se empezas a falar galego vaste entender ben con xente de alí, mellor que se falases en castelán e iso é moi bonito. Non coñezo a ninguén de Portugal, pero si teño unha amiga que é de Brasil e, aínda que conmigo fala en castelán, coa súa familia fala portugués e este ano empezou a ter obrigatorio a lingua galega no instituto e dáselle bastante mellor que a moitas outras persoas da súa clase.
En conclusión creo que deberíamos apoiarnos como linguas cercanas que somos e nunca deixar de falalas, ademais parécenme linguas moi bonitas de escoitar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario