Ao
principio, nos inicios do galego e o portugués eran iguais, despois de
todo eran o mesmo idioma, e ao longo do tempo as desputas e a
política terminaron dividindo o idioma inicial en dous, un coma a
lingua oficial dun reino e outro coma a lingua oficial dunha
comunidade autónoma vinculada a outra a cal forzaba o castelán nos
altos dirixentes de Galicia.
Nesa época ambos idiomas foron
evolucionando ao longo do tempo dunha forma moi parecida, así sendo
dous idiomas distintos con moitas similitudes entre si, convertendo
ás persoas que coñezan un idioma case coma bilingües, así só
tendo que estudar un pouco para lograr aprender o outro idioma.
Nesta época debido ás diferentes situacións nas que se encontraban
ambos idiomas, tiveron diferentes progresións moi dispares.
O galego
tivo que loitar pola súa liberdade de expresión, e o portugués
estendeuse polo mundo sendo capaz de existir en tres continentes
distintos e tendo unha gran cantidade de falantes. Debido a isto as
vantaxes aparecen tamén en territorio galego, xa que ao ser linguas
irmás facilita tamén o movemento doas galegos ao longo daqueles
países que coñezan o portugués.
Os galegos
teñen a gran posibilidade de ser trilingües debido á capacidade de
saber castelán, un idioma que se aprende de pequeno, o galego, que é
o seu idioma principal e o portugués debido ao seu gran parecido co
galego.
Ningún comentario:
Publicar un comentario