A miña
tataravoa era modista, unha das mellores da miña aldea. Este
oficio consiste en facer á man calquera tipo de roupa, desde traxes
e vestidos para saír ata roupa para traballar ou quedar na casa.
Isto facíase de dúas maneiras, o habitual nas cidades era ir á
casa da persoa que encargaba a prenda coller as medidas e facer a
prenda na túa casa. Mentres que nas aldeas íase á casa da persoa
que encargaba a prenda e facela alí, ás veces quedaban máis de
quince días na casa do cliente.
Para
facer isto usaban unha máquina de coser que funcionaba xirando unha
roda, coa man, situada no lateral. Tamén usaban tea, fío, agulla,
dedal, cinta métrica e un xiz especial para a tea, ás veces tamén
usaban un manequín. Naquela época este oficio tiña moito prestixio
social, xa que todos necesitaban roupa.
Neste
traballo gañábase pouco, dado a que non había case diñeiro e eran
moitos familiares aos que tiñan que coserlles, excepto cando os
clientes eran da realeza ou nobreza. Este traballo era para mulleres
e homes, só que cando eran homes chamábanse xastres e só facían
roupa para homes, e cando eran mulleres chamábanse modistas e facían
roupa para todos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario