En
Galicia había moitos oficios artesáns, como os afiadores,
panadeiros, mariscadores e pescadores, toneleiros, tecedoras e
palilleiras, alfareiros, redeiras, canteiros, zoqueiros...
Agora
poucos deles continúan existindo debido ás substitucións por novas
técnicas para facelos. Eu vou falar sobre os zoqueiros; un oficio
artesán que era o sustento de moitas familias galegas. Consistía en
cortar o coiro ou o tecido, logo cosíase e engadíase a madeira. Os
zocos realizábanse nun taller e empregábanse ferramentas como o
trozón, banco, lámina, raseiro...
O
clima húmido e chuvioso de Galicia fixo necesarios os zapatos de
madeira, ideais para camiños e campos mollados. Non tiñan moito
prestixio social porque eran utilizados por campesiños pero co paso
do tempo deixaron de empregarse para iso e empezáronse a usar para a
moda.
Este cambio produciuse grazas á familia Ferro. As persoas que
facían os zocos eran tanto homes como mulleres (zoqueiros e
zoqueiras). A maioría das persoas que facían os zocos antigamente
non os vendían, facíanos para a familia. Outros levábanos ás feiras e vendíanos alí. Non son moi baratos porque os materiais que se utilizan son de moi boa calidade.
O meu bisavó materno facía zocos
para a familia e vendíaos aos veciños.
Ningún comentario:
Publicar un comentario