domingo, 26 de abril de 2020

A proximidade do portugués co galego, Laura Sánchez Viqueira (4º ESO B)


Cando era máis pequena meus pais leváranme de vacacións a Portugal, pasando por moitas cidades fermosas como Lisboa, Évora, Porto... Polo camiño faláronme do portugués e a súa semellanza co galego, dixéronme que non ía ter problema para entender gran parte do idioma. Eu nunca escoitara o portugués e resultábame moi difícil de crer que por ser galega xa puidese entender outro idioma, pero foi certo, chegamos á primeira cidade e foi fácil adaptarme.

Con esta pequena anécdota quero explicar unha das grandes vantaxes que supón a proximidade destes dous idiomas, pois facilita a comunicación entre galegos e miles de cidadáns arredor do mundo, xa que o portugués é falado en moitos países como Brasil, Mozambique, Angola...

Ademais, a semellanza de ambos idiomas permítenos coñecer un pouco máis da cultura de cada un grazas á difusión da súa literatura, música e arte.

Con isto quero concluír que todos os falantes galegos ou portugueses son case trilingües, teñen a capacidade de entender un idioma que nunca estudaran e poden sacar proveito diso, profundizándoo nunha escola de idiomas, escoitando nova música ou vendo películas orixinais portuguesas sen a necesidade de usar subtítulos.

En resume, o galego e o portugués son dous idiomas moi similares, e grazas a iso miles de persoas arredor do mundo podemos gozar de grandes beneficios sociais, culturais e ata económicos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

HOMENAGEM A LUÍS DE CAMÕES