Moitas persoas desprezan o galego e senten
certo rexeitamento á hora de falalo, sen nunca caer na conta de que
grazas a esta lingua poderían comunicarse con xente en moitos
lugares do mundo; non só dentro da península en Portugal, tamén
con outros continentes en destinos como Brasil ou Angola. Ademais de
que o galego pode sernos de moita utilidade en numerosos ámbitos.
Dentro da miña experiencia empreguei a nosa lingua para comunicarme
con portugueses en cantidade de lugares diferentes. Por exemplo, por
ser galega tiven a oportunidade de participar en torneos deportivos
de Portugal e alí falar con competidores mantendo unha conversa sen ningún problema. Tamén estiven no país veciño de viaxe e
sempre que necesitaba preguntar indicacións ou pedir algo nalgún
restaurante facíao en galego.
Unicamente por sermos galegos temos a vantaxe
de poder acceder ao mercado laboral dos países lusófonos. A nivel
artístico existe a posibilidade de chegar tanto ao público castelán
como ao de fala portuguesa a través de cancións ou da literatura.
En conclusión, temos que aproveitar que
grazas á historia que nos relaciona con Portugal posuímos máis
facilidades que outras persoas para comunicarnos con países
estranxeiros polo simple feito de nacer en Galicia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario