luns, 27 de abril de 2020

A nosa capacidade comunicativa máis aló das fronteiras, Lucía Cuenca Martínez (4º ESO C)


Por todos é sabido que hai moito tempo Portugal e Galicia estaban xuntos, compartindo así tanto costumes como a súa lingua o que provoca que o galego actual teña moitos préstamos lingüísticos do portugués.
Hoxe en día para un galego é bastante sinxelo entender ou falar este idioma, xa que ambos, galego e portugués, son dous idiomas moi parecidos en canto pronunciación dalgunhas palabras ou a súa gramática.
É pola capacidade dos galegos para ter facilidade falando ou entendendo o idioma que aparece a posibilidade de que sexamos unha zona trilingüe, en moitos casos podemos chegar a dominar tamén o inglés ou o francés, o que nos permite ter moita capacidade comunicativa tanto dentro como fóra das fronteiras.
Eu nunca fun a Portugal, é un lugar que me gustaría moito poder visitar, o meu tío vive alí gran parte do ano e contános moitas anécdotas Unha das cousas que máis reitera sempre é a diferenza de educación entre España e Portugal. Paréceme incrible como dous países que están tan preto poden ter tantas cousas diferentes entre eles.
Eu creo que é certo que os galegos temos a capacidade de ser trilingües pola nosa relación con Portugal, tanto coa lingua como coa cultura.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

HOMENAGEM A LUÍS DE CAMÕES