luns, 27 de abril de 2020

Reflexión sobre o portugués, Noa Domínguez Rodríguez (4º ESO C)


A miña reflexión sobre este tema é que me parecee moi ben o feito de ter unha lingua como a portuguesa cerca xa que en moitos aspectos parécese moito ao galego. 
A idea de ir de viaxe a Portugal e entender cando falan e que me entendan cando eu lles digo algo paréceme perfecto. Eu estudei durante un ano portugués no meu antigo instituto en Ourense e a verdade é que esa lingua, á parte de ser doada de aprender, e fácil de entender e foi moi útil, xa que eu viaxo moito a Portugal. 
A verdade é case todos os galegos entendemos máis de tres linguas sen case esforzarnos, na miña opinión deberíase impartir clases de portugués nos institutos galegos xa que ao fin e ao cabo é moi parecido ao galego, e polo tanto non nos costará case nada, e tamén nos axudaría a entendernos cos nosos vecinos os portugueses.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

VOCABULÁRIO DAS PROFISSÕES EM PORTUGUÊS

A turma de Português 1º ESO elaborou estes cartazes com o léxico das profissões em português.