domingo, 12 de abril de 2020

Eroski Paraíso, recensión de Ana Díaz López (4º ESO A)


Eroski Paraíso é unha película baseada nunha obra de teatro que foi estreada no festival de San Sebastián, no ano 2016, e despois en Muros, lugar onde transcorren os feitos. Esta película entra na categoría de documental de non ficción xa que narra unha historia, por dicilo dunha maneira, unha escena da vida cotiá. Esta dirixida por Jorge Coira Nieto, nado en Rábade en 1971. É un director de cine e guionista galego, do cal podemos recoñecer as series Terras de Miranda, Padre Casares e máis recentemente Hierro; e Xesús Ron, como director artístico. O filme está protagonizado por Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira e Cris Iglesias, coa aparición especial de Fidel Vazquez. Tanto Patricia de Lorenzo como Miguel de Lira gañaron este ano 2020 o Mestre Máteo a mellor actriz protagonista e mellor actor protagonista respectivamente, e Cris Iglesias nominada a mellor actriz protagonista por Eroski Paraíso.

A película é narrada por Alex, unha moza que esta a estudar en Barcelona audiovisúais e decide facer un filme de como se coñeceron os seu pais nunha discoteca que existiu en Muros, chamada Paraíso que agora é un supermercado Eroski.

Para falar do argumento poderiamos dicir que todo xira arredor dunha foto que sacou o avó de Alex aos seus pais o día que se coñeceron na discoteca Paraíso. Esa noite foi cando Eva, a nai de Alex, quedou embarazada dela.

A película ponos en antecedente contándonos como a partir dese momento os pais de Alex casaron, mudáronse varias veces, divorciáronse… todo isto, en certa maneira, é relatado ao comezo do filme. E desta maneira é como, Alex, xustifica porque quere facer o filme documental dos seus pais.

O filme transcorre no set de rodaxe da película que esta a filmar Alex, e nela Alex e mais os seus pais van representando aquela noite de cando Eva e Toño, pai de Alex,  se coñeceron. Para crear o escenario, Alex recreou un supermercado de Eroski no cal se mesturan algúns dos elementos da discoteca Paraíso cos do propio supermercado. A película é en si unha viaxe polos recordos e sensacións dunha parella á cal a vida e a situación do mundo no que estaban  lle afectaron.

Cómpre destacar, para entender mellor o argumento, unha das escenas que máis sentimento xera na película. É a escena na os pais de Alex, no medio do supermercado comezan a contar como foi cando se coñeceron, despois no fondo empeza a soar unha canción. Esta canción coñecida por todo o mundo, forma parte dunha película que daquela época era actual, pero agora é mítica: Time of my life, de Dirty Dancing. Entón, cando eles a escoitan, comezan a bailar como cando eran mozos. Outra escena significativa, ou máis ben conxunto delas é cando Alex fala soa para a cámara, sobre todo cando ela di que viviu en moitos lugares e que foi de oitos sitios, pero que se ten que escoller un lugar, escolle Muros. A min paréceme unha escena moi potente e interesante xa que moitos fillos de emigrantes galegos, inda que naceron noutras parte do mundo, eles deciden considerar a súa casa e o seu fogar Galicia.

Agora se nos centramos máis nas personaxes temos as 4 principais que son: Toño, Eva, Alex e o avó, e cada un deles representa cousas moi importante para a historía, por iso acontiuación vamos analizalos:

- Toño: é un home traballador de mediana idade. Naceu e criouse na aldea de Arcos, na zona máis alta e interior de Mazaricos. Quixo ver mundo e prosperar e marchou coa familia a outras cidades. É unha persoa espontánea, vitalista, nada reflexiva. Deixouse levar por onde a vida quixo levalo e acabou vivindo nas Illas Canarias. Volver a Muros e atopar de novo a Eva para recordar aquel día no que se coñeceron, faille cuestionarse algunhas cousas da súa vida e preguntarse se non estará a tempo aínda de volver e vivir ao seu xeito. Toño representa na historia unha parte moi importante, xa que el en certa maneira vive no recordo, e podémolo ver cando conta a historía de que o seu pai ía facer unha casa con varios andares para cada un dos seus fillos, mais esta casa non chegou a máis ca a un esquelete no medio do campo, e malia o tempo, el aférrase a esa lembranza e, de feito, non deixa vendela, xa que el ten a idea de volver de Canarias para acabala.

-Eva: é unha muller traballadora de mediana idade, que vive en Muros co seu pai, a quen ten que coidar e atender porque padece alzheimer. Ela sempre quixo fuxir da súa vila, vivir lonxe, vivir outra vida distinta. Pero as circunstancias acabaron devolvéndoa a Muros. Fala sempre en castelán, quizais por iso, por querer sentirse doutra parte, pero tamén porque a xente da vila coma ela sempre quixo diferenciarse de quen viña das aldeas e da montaña. Eva, en certo modo, non acepta as súas orixes, pero non por clasismo ou por discriminación, senón pola dor que segundo ela lle causou a vida, neste caso en Muros, xa que segundo o seu recordo, por culpa do que dirán e dos rumores da xente da aldea, a súa nai deulle de lado ao seu fillo, o irmán de Eva, e ela bótalle en cara que a día de hoxe ela nin ninguén saiba se seu irmán está vivo ou morto, xa que tiña problemas coas drogas e desapareceu.

-Alex: é unha rapaza de vintecinco anos que está acabando de estudar cine en Barcelona e vai facer un documental sobre os seus pais como traballo de fin de estudos. Ela naceu en Muros, pero moi pequena xa marchou cos seus pais e andou toda a vida dun lado para outro. Para ela facer esta película, ademais de descubrir a súa propia voz como cineasta, ten que servir para recuperar unhas raíces culturais, afectivas e familiares que lle axuden a atopar o seu sitio nun mundo globalizado. Alex, como xa expliquei, non ten moi claro a onde pertence, por iso trata de intentar atopar o seu lugar, mais ela decide que o seu lugar é Muros.

-Avó: o avó é unha persoa maior con alzheimer, que non conserva moitos dos seus sentidos, mais el cando fora mozo traballou como fotógrafo. De feito a maioría da comunicación coa súa neta era por fotografías que ela despois describía nun caderno. Unha escena moi bonita da película, protagonizada polo avó, na que se pode ver moi ben un sentimento tradicional galego interiorizado é cando el comeza a bater na mesa que tiña diante e Alex comeza a cantar, entón a el danlle unhas cunchas e comeza a tocalas.

O contexto histórico é na actualidade, mais poderíase dicir que se centra nun momento de transición, pois conta a historia de como un lugar de ocio pasou a ser un lugar de abastecemento, isto poderíase situar na época da crise financeira de 2008.

Pero o máis importante desta película é o seu contido metafórico e crítico. Na película vense escenas nas que podemos ver reflectidas críticas á globalización e ao consumismo, a transmisión xeracional cortada, xa que se van perdendo os costumes e tradicións de hai anos; tamén en certa maneira critica a emigración da xente e como empregan a emigración para fuxir do pasado, mais tamén critica a crueldade que pode haber entre xente; outro punto que trata é na emigración a búsqueda de identidade e basicamente fai un repaso pola vida en xeral dunha persoa  e as súas cargas emocionais, os erros, a decisións, etc.

Tanto a película como a obra de teatro requiriron dun moi importante proceso de procura de datos e entrevistas coa xente das aldeas da contorna e ademais a búsqueda do decorado orixinal da sala de festas, dos propietarios antigos,...

Finalmente gustaríame concluír cunha opinión persoal da película; a min gustoume moito xa que nos 75 min que dura concentra unha cantidade enorme de puntos vitais sobre os que reflexionar e creo que é moi aconsellable vela xa que pode facerche pensar no pasado e no futuro, pero sobre todo no presente e de como en realidade nos afecta todo o que está na nosa contorna, mais non queremos velo xa que ás veces afrontalo é moi complicado.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

CALIGRAMAS 4º ESO A

  Daniela Parga Verdía Bruno Otero Corral Paula Pérez Martínez Claudia Rodríguez Miraz Lucía Pérez Roca Zaira Ortega Calvo Pedro Saa Brantuas