Blog de Lingua Galega e Literatura do IES Monte das Moas
domingo, 12 de abril de 2020
Recitado do poema de Emilio Araúxo na voz de Celso Fernández Sanmartín
Emilio Araúxo
Inauguramos hoxe esta sección de artigos nos que representantes da literatura galega contemporánea máis recente nos recitarán ou lerán fragmentos seus ou doutros autor@s. O poeta encargado de servirnos esta rolda de lecturas é Celso Fernández Sanmartín, poeta lalinés que escolmou un poema do poeta Emilio Araúxo do seu poemario Libro da Ribeira Sacra. Cinsas do vento, no que fai homenaxe á rapazada que vive nas aldeas dos concellos de Montederramo e Chandrexa de Queixa na provincia de Ourense e que mantén a pervivencia (aínda que agónica) do noso rural interior. Emilio Araúxo foi profesor de Filosofía e é etnógrafo e escritor.
Este é o recitado do poema que Celso escolleu para achegarvos a rapazada da Ribeira Sacra ao voso barrio do Castrillón e achegarvos tamén a toponimia dese Ourense!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario