Conta
unha lenda que desde hai cando menos cinco séculos, existe unha pequena
illa nun recuncho, agora oculto no mar, nun lugar moi misterioso, moi
preto de San Andrés de Teixido.
Esa
pequena illa só se descobre cando hai unha eclipse solar, e nese
momento é posible atoparse con algún dos seres máxicos que habitan
ocultos nesa misteriosa e marabillosa illa.
Dise
que o afortunado que se atopa con algún destes seres ten a
posibilidade de pedir un desexo, pero é moi importante pensar ben o
desexo, porque se o desexo é bo para a xente, concédeselle ao
instante; en cambio, se prexudica a alguén, que o pide convértese
nun insecto que vagará por ese lugar ata chegar á capela de
San Andrés, onde poderá recuperar a súa forma humana se amosa
arrepentimento.
Non
coñezo a ninguén que vise algún destes seres máxicos, pero a
miña bisavoa di que son tan pequenos coma un rato, tan fermosos
coma unha estrela.
Ningún comentario:
Publicar un comentario