Chamáronme
a atención varias cousas mentres lía as páxinas do libro e vía as
webs e vídeos recomendados, polo que intentarei dicir máis ou menos
todo. O primeiro que me chamou a atención é que utilizara a cidade
de Ourense de forma constante durante toda a súa obra, e que ademais
o fixera co nome Auria. Tamén me chamou atención que emigrara tan
pronto cara América, pero aínda así seguira tan unido a Galicia,
como demostrou en tódalas súas obras.
Pareceume
moi interesante que dende novo comezara a traballar como secretario
de dirección no xornal “El Diario de Ourense” e que fora alumno
dunha personaxe tan importante na época como foi Vicente Risco. A
súa participación na “Federación de Sociedades Gallegas Agrarias
y Culturales”. A seguinte, foi a súa gran participación nos
xornais como Céltiga ou La Nación, chegando a formar unha amizade
con Borges na súa viaxe a España, o que me sorprendeu gratamente.
O
nome da súa primeira publicación foi algo que me tivo pensando
bastante acerca dilo. Que coñecera outra personaxe da época como
foi Castelao, o que me levou a pensar que estivo sempre ben
acompañado e aconsellado. A súa colaboración en Bos Aires na
revista Nós, tan importante como foi no seu momento. A súa
capacidade de convencer a
un escritor como García Lorca para que publicase os “Seis poemas
Galegos”.
Algo
que quizais non me sorprendeu tanto debido ao pensamento xeneralizado
da época, foi a súa defensa do bando republicano co estalido da
Guerra Civil española. Que escribira durante un tempo en castelán,
sorprendeume moito. Chamoume a atención a súa cátedra, como que
tamén fora mestre, o que me demostrou que sabía facer moitas cousas
á vez. A súa volta a Galicia en 1965, pareceume normal pero tamén
sorprendente pola
situación que se vivía na España da época. O gran número de
libros que publicou aquí.
Por
último, diría que me chamou atención que aínda que non puidera
dar o seu discurso de ingreso a Real Academia Galega, fora igualmente
considerado académico numerario. E da súa obra, sobre todo, destaco
a súa pluralidade e capacidade de escribir tanto narrativa, como
teatro, poesía, xornalismo e ensaio. Pero da súa obra o que máis
me sorprendeu foi a súa capacidade na fotografía.
Vin
a película A
esmorga é
a verdade é que teño sensacións contraditorias. Foi unha película
que me foi amena durante momentos, pero durante outros foi algo máis
cansina ou difícil de seguir. Si que é verdade que teño numerosos
datos positivos, que vou comentar agora.
Mostra
moi ben as 24 horas nunha borracheira entre os bosques e as tabernas
ourensás de tres amigos perdidos nun horror social, no que o
franquismo aparece de fondo. Suceden todo tipo de aventuras e
borracheiras masivas de alcohol. Na miña opinión, o mellor da
película é a representación dos tres actores- Miguel de Lira,
Antonio Durán e Karra Elejalde- que están soberbios, sobre todo,
este último que para min esta espléndido durante todo a película;
e chamoume moito a atención a súa capacidade de expresar nese
galego, nada fácil de aprender se non es de aquí, no que demostra o
gran actor que é. Si
que é verdade que na miña opinión por momentos conseguen
transmitir ese drama, conseguindo tamén introducirnos na trama como
un máis da historia.
Tamén
destacaría a grande montaxe, sabendo facelo máis rápido ou máis
pausado en función do que a escena propia pide, ademais da gran
fotografía que mostra unhas localizacións que fan que se crea como
unha pequena atmosfera necesaria e da que o director é capaz, como
dixen, de trasladarnos a ela e a eses universos tristes que supoño
que describía Blanco Amor na súa obra.
Destaca
unha banda sonora, que para min ten os seus momentos acertados e
outros non tanto e quizais é un pouco longa a duración, xa que ao
mellor cun pouco menos faría que fora máis constante e amena para
entender na miña opinión.
Paréceme
unha película bastante boa, moi acertada sobre todo nos personaxes
os cales para min son o mellor da película, estando o trío
espectacular. Tamén me gustou moito a fotografía elixida e mostrada
en cada momento.
Aprendín
que con 17 anos comezou a traballar, como xa comentei, como
secretario de dirección en “El Diario de Orense”. Cando emigrou
a Bos Aires seguiu en contacto con intelectuais galegos. É máis
tarde, sería director do periódico “El Despertar Gallego”. En
1927 publicou Os
Nonnatos
e
o ano seguinte, Romances
Gallegos.
En 1928, retornou a Galicia como correspondente do diario “La
Nación”. Alí escribiría Poema
en catro tempos.
Estivo un tempo en España, pero marchou tempo despois. Durante os 20
anos seguintes da Guerra Civil, utilizou o castelán en obras como:
Los
miedos
ou
La
Catedral y el niño.
En 1956, volveu ao galego con Cancioneiro
e
despois publicaría A
esmorga
que
foi unha novela extraordinaria de gran importancia para renovación
narrativa galega. Retornou en 1965, publicando Os
biosbardos, un
libro de relatos. En 1993, dedicóuselle o Día das Letras Galegas.
Sobre todo, coa Guerra Civil foi cando vimos a faceta máis narrativa
de Eduardo Blanco Amor. Destacado sobre todo, a súa gran obra A
esmorga.
Ningún comentario:
Publicar un comentario