Con
este novo goberno progresista propúxose unha nova lei de violencia
de xénero polo que me gustaría dicir a miña opinión sobre o tema
da violencia machista.
Todos
estamos cansados de escoitar como apareceu unha muller morta
asasinada polo seu marido, e todos estamos de acordo en que a
cantidade de noticias como esta é un problema que resalta unha
disfuncionalidade do sistema educativo, non do sistema xudicial, xa
que non é xusto que por nacer home xa teñamos un agravante; é o
mesmo que cando na Sudáfrica do Apertheid discriminaban as persoas
de cor por ser de cor. Digo que é un problema do sistema educativo
debido a que ninguén nace machista, machista “se hase no se nase”,
polo que o problema está primero nas familias que lle inculcan ás
nenas e aos nenos unha visión machista do mundo e despois no sistema
educativo que non instrúe dende o principio nunha visión dos
problemas do mundo. Dígoo dende a experiencia persoal xa que eu
nunca tiven unha charla sobre os dereitos humanos, unha charla
lgtbiq+ ou unha charla sobre igualdade. Polo que eu creo que este é
o problema que hai que solucionar para acabar coa vilencia de xénero.
Tamén
me gustaría facer un pequeño fincapé nos casos que se consideran
violencia de xénero xa que se hai unha pelexa que acaba nas mans, o
culpable é o home, o malo é o home. Por isto eu creo que para que
se considere violencia de xénero tería que ser repetido ao longo
dos días. Tamén eu creo que a pena tería que ser igual para todos
porque non creo que por que homes e mulleres teñan a mesma pena vaia
haber máis casos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario